A cova da moura
Título
A cova da moura
Signatura
ADCF.7.01584
Serie
Hidronimia da costa de Foz
Descrición
Nesta cova, aló polos anos 40, os mariñeiros agachaban fardos de goma que apareceron por toda a costa procedentes dun naufraxio. Os fardos eran vendidos polos veciños porque naqueles tempos de moita necesidade, escaseaba a goma e a súa venda aportaba unhas boas ganancias, pero eran perseguidos pola Garda Civil por ser un delito cualificado de contrabando. Cada fardo contiña 100 quilos de goma.
Ano
2025
Autor
Fondo Xesús do Breogán
Lugar
Foz
Dimensións
4032x2268
Soporte
Fotografía